Anuncios
Ticker de novas

A oitava edición da Golfmanía pasará polo Val Miñor

Este mércores día 17 de maio celebrarase a VIII edición da Golfmanía, na que poden participar todos aqueles posuidores das 7 series que saíron ao mercado do mítico modelo Volkswagen Golf.

De 09:00 a 10:30 horas realizarase a confirmación de inscricións. E ás 10:30 horas procederase á saída da ruta desde Pereiras (Mos) dirección Zamáns, Vincios, Camos, Coruxo, Vao, Canido, Nigrán, Baiona (parada sorpresa), A Guarda e rematarase en O Rosal no restaurante Casa Juan celebrando unha comida de confraternidade.

Pola tarde farase unha escapada cara a unha localización cunhas vistas dignas de admirar e volverase ao punto de partida.

Os interesados en obter máis información sobre este evento poden chamar ao teléfono 617370715. O prezo de inscrición é de 2 euros e o da comida de 18 euros.

CONCENTRACIÓN DE VOLKSWAGEN GOLF

Anuncios