O Cereixa necesita un tropezo do Lume para facerse co título de liga

FOTO: CEREIXA FS

Vitoria para pechar unha tempada case perfecta (11-7). E o de case depende do que pase este domingo no CUVI ás 12:00 horas co enfrontamento entre Lume e Quinta Xestion.

O Cereixa Gondomar FS terminou a tempada pasada prometendo dar guerra e ir a por o título este ano e se o perde será a puntos empatados e pola diferenza de gol particular.

Este sábado os locais estaban obrigados a gañar para xogarse a última ficha ante As Neves e non fallaron; Huguito Gonzalvez (4), Álex Cabral Álvarez (3), Gabriel Denis Vasconcellos (1), Adrián Lago Victor (1), Esteban Fernández Figueiras (1) e Luca (1) foron os goleadores.

Non foi o mellor partido dos de Vincios pero tiraron de orgullo propio para pechar a campaña con 22 vitorias, 2 empates e 6 derrotas.

O sábado pasado a sorte non estivo do seu lado, esperemos que mañá si poida ser pero pase o que pase a este equipo non se lle pode reprochar nada. A renovación do persoal superou o 70% e o resultado foi mellor inclusive contabilizando a Copa Xunta onde caeron na Estrada 5-3 e superaron ao Noia FS (campión de 2B).

Anuncios