Sin categoría

Sabarís celebra unha nova edición do Mercado de Arte

Sabarís acollerá este domingo, 14 de maio, unha nova edición do seu Mercado de Arte, organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios (Coemsa) e OVALMI. A iniciativa reúne máis de 500 obras de 57 artistas galegos -pintores, escultores e fotógrafos- que se expoñen e venden nesta décima edición da festa da arte.

Ademais, a pintora Irene Silva realizará durante toda a xornada un mural de 8 metros de longo e haberá un collage de máis de 300 pezas en miniatura no que participan alumnos dos colexios de Sabarís e Belesar. Tamén Claudio Maseiro impartirá ás 11:30 da mañá un obradoiro de pintura para os máis pequenos e haberá concertos pola mañá e pola tarde a cargo de Iván Gulín.

O Mercado de Arte permanecerá aberto desde as 10:00 ata as 21:00 horas na Praza de Abastos de Sabarís, con entrada de balde. Ademais, para celebrar o Día das Letras Galegas, os asistentes recibirán como agasallo un libro de autor galego e en galego.