O festival de música “Vive Nigrán” preséntase en Lisboa

FOTO: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A tenente de alcalde de Nigrán, Raquel Giráldez, acudiu onte ao Centro Galego de Lisboa para a presentación da campaña “Moito por descubrir” de Turismo Rías Baixas na que se inclúen os festivais Atlantic Fest, nos que debuta “Vive Nigrán”, que pechará o circuíto o 26 e 27 de agosto no antigo campo de fútbol de Lourido. O cartel definitivo deste picnic-pop festival, que combinará música, gastronomía e lecer, será presentado polo Concello este mes de maio.

«Con este festival proxectaremos a mellor imaxe do municipio, como xa facemos co Nigranjazz, ofrecendo aos nosos veciños e turistas unha proposta de ocio de calidade pensada para todos os públicos e que pretende converterse nun referente cultural máis da provincia”, resume Giráldez.

Durante o evento Nigrán tamén saíu a escena cando se tratou o Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia, concretamente o portugués pola costa, declarado oficial o pasado ano e que atravesa o municipio. “Ten un valor cultural e patrimonial incalculable e supón un activo máis para o turismo en Nigrán e en todo o Sur da provincia de Pontevedra”, indica o alcalde, Juan González. O propio rexedor lembra que precisamente en Nigrán, no Pazo de Pías da Ramallosa, atópase o único establecemento do Val Miñor que pode selar a compostelá oficialmente, “un motivo engadido para potenciar a ruta pola costa”.