
O Concello de Baiona incorporou este mércores ao seu Parque Móbil Municipal unha máquina “dumper” (autovolquete) destinada aos traballos que a diario realiza o departamento de Vías e Obras nos camiños e rúas do municipio. Nos últimos meses, dedicáronse outros 16.900 euros á compra de maquinaria para a mellora do departamento, como a de unha apisoadora, unha compactadora, unha niveladora e un deshumidificador. En canto á compra de material investíronse 17.756 euros na adquisición de materiais e mobiliario en stock.
O concelleiro de Vías e Obras, José Ángel Bahamonde, asistiu este venres á entrega por parte do representante da empresa Baygar, Pablo Loureiro, do autovolquete que vén a renovar o existente e que comezará a funcionar de forma inmediata nas actuacións que estanse a levar a cabo no casco urbano e nas parroquias.
Entre as últimas adquisicións están un rodete compactador de lanza, marca Wacker, cun peso operativo de 650 quilogramos, un dumper autocargable, marca Ausa, cunha capacidade de carga de 2.000 quilos, e unha regra niveladora, marca Enarco, de dous metros de lonxitude.