
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos concelleiros de Vías e Obras e Emprego, recibiu este venres aos 21 novos traballadores municipais contratados polo Concello a través da liña 3, de emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
En total, destínanse 211.000 € da institución provincial para a prestación de servizos de competencia municipal de forma directa por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego, sempre respectando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e a debida adecuación salarial á cualificación profesional dos postos que se van a cubrir.
