Espectáculo infantil “Ledicias” na Ramallosa

O Concello de Nigrán, a través de Cultura no Camiño, ofrece este sábado ás 20:00 horas na Alameda de A Ramallosa “Ledicias”, un espectáculo de “A illa dos nenos” baseado na maxia infantil e no que o Mago Paco fai un percorrido polos seus mellores xogos de maxia. Con esta actuación de 60 minutos mergulla o público infantil no seu mundo fantástico, cheo de ilusión e sorrisos.