Comezan as festas da Virxe da Soidade en Prado

O barrio de Prado, na parroquia gondomareña de Morgadáns, celebra os días 30 de abril e 1, 6 e 7 de maio as festas na honra da Virxe da Soidade.

O domingo 30 de abril amenizarán a gran verbena nocturna a orquestra Jerusalén e o grupo Iris.

O luns 1 de maio comezará ás 10:00 da mañá coa entrada e pasarrúas a cargo da Banda de Música de Guláns. Ás 11:30 horas terá lugar a Misa Solemne, seguida de procesión acompañada pola citada Banda, que ademais amenizará a verbena da noite xunto coa orquestra Combo Dominicano.

O sábado 6 de maio, a orquestra Magos e o grupo Acirema serán os encargados de amenizar a gran verbena.

O domingo 7 haberá unha actuación do grupo Asubío a partir das 11:00 da mañá. Ás 11:30 comezará a Misa Solemne, seguida de procesión acompañada polo mesmo grupo. Pola noite, a verbena estará amenizada polo grupo Bluestar.