
O vindeiro sábado 29 de abril celebrarase o Campionato Provincial de Cadete a Sénior no Pavillón do Carmen (Travesas) organizado polo Club Castrelos.
O Club Patinaxe Artística Gondomar contará con 6 representantes na modalidade de libre masculino e feminino que serán Xose Cruz, María Balboa, Alba Franco, Andrea López, Denis Alonso e Iria Boullosa, todos eles coa intención de obter prazas de fronte ao autonómico que se celebrará o próximo mes de maio
Co desexo de conseguir a clasificación de todos defenderán o programa obrigatorio e libre para optar no autonómico ás prazas que permitan a súa participacion nos seus respectivos nacionais.
Desde o CPA Gondomar fan extensiva a invitación a todos aqueles que queiran gozar dunha xornada de patinaxe acompañando a estes prometedores deportistas.