O CPA Gondomar inicia a venda de mochilas e pulseiras para financiar a súa viaxe a China

FOTO: CPA GONDOMAR

O Grupo Show do Club Patinaxe Artística Gondomar terá que viaxar a finais do mes de agosto a Nanjing (China), onde se disputará o Campionato do Mundo de Patinaxe Artística. Para poder cumprir o soño e asinar unha páxina na historia da patinaxe galega, necesitan o apoio de todos.

Para poder financiar a viaxe inician a venda dunhas mochilas por 5€ e unhas pulseiras por 2,50€. A partir do xoves tamén estarán á venda en Opticalia Alemana Gondomar, a quen tamén agradecen a súa colaboración.

Todos os que estean interesados poden contactar a través do correo electrónico cpagondomar@hotmail.com.