O baionés Diego Otero participa na concentración internacional de Loitas Olímpicas en Murcia

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE LOITA // Diego Otero, segundo pola esquerda con camisola laranxa.

O baionés Diego Otero, do Club de Loita Sabarís, é un dos deportistas galegos que participan na concentración internacional que está tendo lugar no Centro de Tecnificación Deportiva Infanta Cristina de San Javier (Murcia).

Do 24 ao 28 de Abril permanecerán concentrados 8 deportistas e 1 técnico galego, coas miras postas na convocatoria para os campionatos mundiais e continentais.

Os deportistas concentrados xunto con Diego coa selección nacional son: Yago López e Carlos Yobani García (ambos do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), Rafael Álvarez e Cristina Rodriguez (ambos do Club San Ignacio de Vigo), Diego Iglesias (Club de Loita El Castro de Vigo), Aron Ayude (Escuela Ayude de Melide) e Lydia Pérez (Club de Loita Pontevedra). O técnico desprazado é Alexander Kachelaev.

Todos os deportistas están adestrando ás ordes dos seleccionadores nacionais cadete e júnior nas tres modalidades Olímpicas: Loita Libre Olímpica, Grecorromana e Libre Feminina.

O principal obxectivo está posto na convocatoria para participar no Campionato de Europa e do Mundo cadete e júnior. Para elo, estanse preparando os nosos deportistas, nesta dura concentración internacional.