Nigrán saca a concurso a explotación temporal de postos nas praias do municipio

FOTO: PEPE COSTAS

O Concello de Nigrán vén de sacar a concurso a explotación temporal dos postos de venda nas diferentes praias do municipio. O anuncio foi publicado no BOP do 21 de abril, tendo as empresas 15 días para presentar as súas ofertas. As bases (dispoñibles na web municipal) mantéñense practicamente igual que o ano pasado, xa que os prezos tamén son os mesmos. Así, trátase dun total de once postos de venda e un de aluguer náutico situados nas praias de Patos (4), Area Fofa (1), Madorra (1), Panxón (1) e Praia América (5). Os quioscos veñen determinados por ser só de venda de prensa; xeados, refrescos e alimentos; churros; e, finalmente, aluguer de equipamento náutico.