Baiona inicia a limpeza dos camiños de todas as parroquias

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Traballos de limpeza nas parroquias.

O Concello de Baiona limpará nos vindeiros meses os camiños de todas as parroquias. Operarios da Concellería de Medio Ambiente iniciaron xa os traballos de retirada de maleza nas zonas do Burgo e Baíña para continuar durante as vindeiras semanas por todo o municipio.

Burgo-Baíña (do 17 ao 30 de abril), Fontes (1-7 de maio), Sabarís (8-14 de maio), Belesar (15-28 de maio), Baredo (29 de maio ao 11 de xuño) e Baiona (12-18 de xuño). Esta é a programación da primeira quenda de roza dos camiños do municipio.

Son cinco os operarios que levarán a cabo o traballo e teñen previsto percorrer polo menos dúas veces todas as parroquias, xa que a partir de xuño volverán a iniciar as rozas polos mesmos sitios en función das necesidades de cada lugar e para que todo estea limpo e cortado.

Os traballadores municipais retiran a maleza e a recollen cun camión para posteriormente transportala ata o Punto Limpo. A maquinaria que utilizan son rozadoiras, corta céspede, motoserras, tesoiras e camión con grúa.