As 40 primaveras do Monte Real

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O salón nobre do Monte Real Club de Yates acolleu esta mañá a presentación en rolda de prensa da tradicional Regata de Primavera – Trofeo Repsol, unha das competicións máis lonxevas da vela en Galicia, que este ano, ademais, está de aniversario.

A regata cumpre 40 anos e faio outorgándolle un protagonismo especial á vila mariñeira de Baiona, en cuxas augas celebraranse a maior parte das probas, e desde onde se poderán ver todas as saídas e chegadas das distintas mangas.

Veleiros de regata, de cruceiro, de regata/cruceiro, monotipos J80, J70, e Fígaros están chamados a participar nunha cita náutica que se prolongará durante tres xornadas, coincidindo coa ponte do primeiro de maio.

As probas iniciais do Trofeo Repsol disputaranse o sábado día 29 a partir da unha da tarde. O comité de regata deseñará os trazados para as distintas categorías en base a dous esquemas, do tipo bastóns barlovento-sotavento ou percorridos costeiros.

O deseño da primeira etapa, con bocinazo de saída á unha da tarde e diferentes percorridos para a frota, repetirase o domingo día 30; e en ambas as xornadas, tras finalizar a competición na auga, os regatistas poderán participar en degustacións de gintonic, da man de Martin Miller’s, coa súa xenebra premium, e Coca Cola, coa súa tónica Royal Bliss.

A cuadraxésima edición da Regata de Primavera – Trofeo Repsol finalizará o 1 de maio coas últimas probas a partir das once e media da mañá, e a entrega de premios aos gañadores ás catro da tarde no green do Monte Real Club de Yates.

Na anterior edición do trofeo resultou gañador o Pairo 8, do Real Club Náutico de Vigo, patroneado por Luis Bugallo. O Aceites Abril, tamén do náutico vigués, fíxose coa vitoria na clase ORC 1; e o Bosch Service Solutions, do Club Marítimo de Canido, e o Margem do Azul, do Monte Real Club de Yates, venceron en ORC 2-3 e ORC 4 respectivamente. Na competición dos J80 a vitoria foi para o Virazón de Miguel Lago e o Serralleiras de Eva María Moreno impúxose na clase Fígaro.

A polo Campionato de España de J80

Coincidindo co corenta aniversario da competición, o Monte Real Club de Yates solicitoulle á Real Federación Española de Vela a organización, en 2018, do Campionato de España de J80, que se celebraría no marco da 41ª Regata de Primavera.

Anunciouno esta mañá o presidente do club, José Luis Álvarez, quen se mostrou confiado en lograr que as probas poidan celebrarse o ano que vén en Baiona, e en que volva ser Repsol o principal patrocinador do evento.

Álvarez agradeceu o apoio que a compañía de refino presta desde hai anos ao Monte Real a través do patrocinio da Regata de Primavera e á Escola de Vela Adaptada para persoas discapacitadas a través de Fundación Repsol.

Dirixiuse persoalmente á Xefa de Mariña e Pesca de Repsol para o sur de Galicia, Inés González Megido, quen tamén estivo presente na rolda de prensa, compartindo mesa co alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o Xefe de Servizo de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, Daniel Benavides; e o vicepresidente do Monte Real Club de Yates, Alejandro Retolaza.

Anuncios