Os Bolechas promoverán a igualdade a través da lectura nos colexios de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

Este mércores comeza a lectura do libro “Os Bolechas no camiño da igualdade” nos colexios de Gondomar. A actividade, que se desenvolverá no CEIP Souto Donas, CEP Xosé Neira Vilas e CEIP Chano Piñeiro, correrá a cargo do alcalde, Paco Ferreira, a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, e funcionarios do Departamento de Igualdade.

A lectura versará sobre unha campaña de igualdade de xénero e de oportunidades, englobada dentro da programación do pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e tamén forma parte das actividades que se iniciaron o día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Os nenos e nenas que asistirán a estas lecturas teñen entre 6 e 10 anos. Despois de comentar o libro todos xuntos e interactuar acerca dos valores que nel trátanse doaranse exemplares aos centros para que poidan ser consultados por todos os alumnos e alumnas.

“Os Bolechas no camiño da igualdade en Gondomar” é unha unidade didáctica financiada polo Concello de Gondomar, na que ademais das aventuras dos Bolechas polas parroquias do municipio hai actividades e xogos.

Anuncios