A baionesa Iria Ludeña proclámase subcampioa galega

Este sábado disputouse o Campionato Galego de Novas Promesas de embarcacións de equipo K2, no embalse de Taboada, na provincia de Lugo. A baionesa Iria Ludeña, e a súa compañeira Irea Alonso, proclamáronse subcampioas galegas nesta modalidade, ambas do Club Kayak Tudense, ocupando tamén o terceiro posto no podio as súas compañeiras de equipo Uxía Rodríguez e Daniela Álvarez. O tempo empregado na proba, que consta de 5000 metros, foi de 29’m 13’’s 56’’’m, para Iria e Irea, e de 29’m 43’’s 24’’’m para Uxía e Daniela.