Alumnos de Covaterreña pechan a campaña de concienciación medioambiental en Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

Alumnos do Colexio Covaterreña pecharon este mes de abril a campaña de concienciación medioambiental posta en marcha este ano pola Concellería de Medio Ambiente de Baiona. Esta iniciativa iniciada en 2016 a través da empresa Grupo Soil, concesionaria para a xestión de residuos e o Punto Limpo, xa tivo efectos directos sobre o incremento da reciclaxe de residuos.

Durante o mes de febreiro, marzo e abril leváronse a cabo unha serie de charlas de formación e concienciación ambiental nos colexios do Concello de Baiona. A actividade comezou en Sabarís o pasado 9 de febreiro, continuou en marzo en Fontes e este mes de abril foron os escolares de Covaterreña os que recibiron unha charla de formación e visitaron o Punto Limpo.

Durante as charlas incídese na problemática concreta das podas para explicar como debemos facer a súa xestión adecuada, xa que os particulares (non empresas) deben levar a poda ao punto limpo, facer compost e non depositar os residuos á beira dos colectores.

“O que se busca é concienciar aos nenos do municipio, e grazas a eles ás familias, da importancia de separar os residuos correctamente e de como se debe usar o punto limpo municipal”, apunta a concelleira de Medio Ambiente, María Iglesias.

2017-04-18 - 170418 Visitas Punto Limpo Baiona_02