Sesión especial de Contos en Cueiros: merenda con contos na Casa da Lectura

Esta semana Espazo Lectura dará inicio á súa programación especial con motivo da celebración do Día do Libro, o 23 de abril. Durante máis dunha semana terán múltiples actividades destinadas a todos os públicos.

Contos en Cueiros celebra tamén a súa sesión especial que terá lugar na Casa da Lectura, en Donas, Gondomar, este venres 21 de abril a partir das 18:00 horas. Trátase dunha merenda con contos, onde os bebés e as familias poderán desfrutar dunha tarde en compañía escoitando contos e xogando.

Criterios de inscrición

O aforo está limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto, polo que terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar o nome do bebé, o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2014 ou despois, o nome da persoa adulta que o vai acompañar, un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera), e en caso de ser socios/as, o nome do socio/a.

Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición, o mércores anterior á sesión ás 12:00 horas do mediodía.

Anuncios