O Vila do Corpus, campión do VII Torneo de Fútbol 8 de Baiona en categoría benxamín

Este mércores continuou o VII Torneo de Fútbol 8 de Baiona, que se desenvolve desde o pasado luns nos campos de fútbol do Aral e Val de Martín. Na primeira xornada gañou o Santa Mariña na categoría chupete, e na segunda, celebrada o martes, os vencedores foron os alevíns do Pabellón de Ourense.

Nesta terceira xornada, na que participaron uns 250 nenos en 20 equipos que disputaron un total de 76 partidos, o campión foi o Vila do Corpus, tras derrotar ao Celta na final. O Altertanavia foi o terceiro clasificado e o Erizana ocupou o cuarto posto. O trofeo ao mellor porteiro foi para Adrián do Celta, e o de mellor xogador recaeu en Xian do Vila do Corpus.

O VII Torneo de Fútbol 8 de Baiona, organizado polo Erizana, congrega nesta edición a máis de 1.100 nenos de entre 4 e 14 anos de toda Galicia, repartidos en 84 equipos. Durante catro días, nos campos do Aral e Val de Martín, nenos duns dos 50 clubs máis importantes de toda Galicia comparten deporte, experiencias e aprendizaxe.

O VII Torneo de Fútbol 8 de Baiona concluirá este xoves coa categoría prebenxamín.

Anuncios