Sin categoría

Anxo Uzal e Diego Otero acoden á Concentración Internacional de Torredelcampo

A Federación Galega de Loita e D.A. leva a 7 deportistas convocados á Concentración Internacional de Torredelcampo (Jaén), do 10 ó 16 de Abril.

Os deportistas que acoden a esta concentración internacional, están todos becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra ás ordes de Alexander Kachelaev, e viaxan coa FGLeDA para adestrar con deportistas de México, Colombia, Francia e Alemaña.

Os deportistas desprazados son: Lýdia Pérez (Club de Loita Pontevedra), Nerea Pampín e Judit Varela (Club de Loita Keltoi), Anxo Uzal e Diego Otero (Club de Loita Sabarís) e Roberto Díaz e Carlos Yobanni (Club de Loita Vilalba).

Estas activdiades, que teñen un elevado custo para a Federación Galega de Loita, son unha inversión na formación dos deportistas que traballan no CGTD de Pontevedra, de cara as súas vindeiras citas internacionais. Adestrarán durante a Semana Santa, para preparar con garantías o torneo Internacional “Jóvenes Promesas”, que terá lugar en Elche o 23 de Abril, onde representarán á selección nacional.