Sin categoría

O choque entre un autobús e dous turismos deixa un ferido en Gondomar

Un choque entre un autobús e dous turismo saldouse cunha persoa ferida. Os vehículos, no momento de producirse o accidente circulaban pola estrada que une Gondomar e Mañufe. O autobús ía baleiro e só unha persoa tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Tras recibir a alerta do persoal sanitario, ao fío das 09:30 horas desta mañá, o 112 Galicia informou á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Así mesmo, solicitou a colaboración dos membros do GES de Valmiñor que tamén se achegaron ao lugar dos feitos.