Sin categoría

As infantís do CB Airexa de Nigrán proclámanse campioas de liga

As xogadoras infantís do Club de Baloncesto Airexa de Nigrán proclamáronse campioas de liga este sábado pola mañá tras a vitoria conseguida no campo do Apóstol.

As xogadoras dirixidas por Manu Martín e Alba Giráldez están a realizar unha segunda fase perfecta e mantéñense invictas a falta de dúas xornadas. Con este triunfo conseguiron alzarse matematicamente co título de liga e con iso obteñen a única praza que había en xogo na nosa delegación para disputar a fase de ascenso a 1ª división de Galicia.

O duro traballo de todo un ano sumado á boa liña continuista que implantou o club desde hai dúas tempadas mostra cada vez máis froitos. En tempadas precedentes o club xa viu como se fixo con varios campionatos en categorías superiores e agora empeza a destacar tamén en categorías base como son as infantís, e mirando debaixo delas temos ás alevíns tamén cun papel excelente, onde manteñen intactas as súas opcións de meterse na final da liga a falta de dúas xornadas para o campionato.

A aposta feita anos atrás pola formación da canteira buscando os mellores adestradores/as da contorna demostra que o esforzo mereceu a pena e que esta liña debe de continuar para seguir crecendo.

Desde o club queren felicitar publicamente a todas as xogadoras e ambos os dous adestradores sen esquecerse de facer unha mención especial a todos os pais e nais das mesmas que co seu esforzo diario e apoio en cada partido fixeron posible que o equipo creza ata onde hoxe témolo.