Gondomar súmase á campaña “Ilumínao de Azul” polo Autismo

Como cada ano, o 2 de abril, familiares e amigos de persoas con autismo tratan de achegarse a través da cor azul a miles de persoas en todo o mundo, portando globos ou solicitando que monumentos emblemáticos ilumínense ese día con esa cor en todos os recunchos do planeta.

O azul convértese así nunha linguaxe que testemuña unha complexa e ás veces dura realidade chamada Autismo.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, a Asociación Autismo Vigo conta co apoio do Concello de Gondomar, onde ten situada a súa residencia para adultos.

Na foto residentes de “O Salgueiro”, apoiados por persoal da residencia, xunto a Rocío Cambra, concelleira de Benestar Social, e Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar.