Detido un condutor que atropelou a tres menores en Nigrán cun vehículo roubado

FOTO: GARDA CIVIL

A Garda Civil ha detido. C.O.C., de 34 anos de idade e veciño de Vigo, condutor do vehículo que atropelou a tres mellores na medianoite de onte. Ao home, que pilotaba un vehículo subtraído en Panxón e que deu positivo na proba de alcoholemia, impútanselle un total de sete delitos.

Aos tres de lesións por imprudencia súmanselle os de furto de uso de vehículo a motor, outro contra a seguridade do tráfico e outro por danos no vehículo.

Durante o rexistro incautóuselle ao individuo unha carteira que, segundo as pescudas realizadas polo Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, fora subtraída na oficina dunha vivenda da comarca do Val Miñor, polo que, aínda pendente de cuantificar e valor os obxectos subtraídos, presúmeselle autor tamén dun delito de roubo na vivenda.

A este mesmo mozo identificóuselle hai 20 días por furto de uso de automóbil e outros dous en interior de coches.

Esta mañá foi presentado ante o titular do xulgado de instrución número catro dos de Vigo que ditou a súa liberdade con cargos e a súa comparecencia cada 15 días en sede xudicial.

A detención e investigación da Garda Civil compleméntase coas actuacións realizadas pola Policía Local de Nigrán encargada das dilixencias do accidente tendo en conta que o sinistro produciuse nunha vía da súa competencia.