O Club Laroca disputa este sábado a novena xornada da liga de xadrez

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Este sábado disputarase a novena xornada da liga de xadrez onde o Laroca de Nigrán compite con cinco equipos.

Na primeira división o Laroca A, que ocupa a cuarta posición, intentará conseguir a vitoria na sede de Mallón ante o equipo de Xadrez Ourense B que ocupa a penúltima posición.

Na segunda división, o Laroca B, que ocupa a novena posición, terá un duro enfrontamento ante o Chiringo Contos Tui, que ocupa a sexta posición. O outro representante na categoría, o Laroca C, que ocupa a cuarta posición, desprazase a Vilagarcía para enfrontarse ao Fontecarmoa Pub Musarañas, que ocupa a sétima posición.

Na terceira división disputarase a derradeira xornada da liga, onde unha vez perdidas as opcións de ascenso, os dous representantes intentarán acadar a maior puntuación posible, nunha xornada moi complicada onde o equipo de Mallón-Laroca, que ocupa a quinta posición, desprazase a Vigo para enfrontarse ao Villa de Bouzas B que ocupa a segunda posición. Por outra banda o IES Auga da Laxe-Laroca, que ocupa a cuarta posición, enfrontarase na sede de Mallón ao Club Xadrez Mos C que ocupa a terceira posición.

O domingo celebrarase no IES Auga da Laxe de Gondomar a fase final da cuarta división de xadrez Pontevedra Sur que organiza a Federación Galega coa colaboración do instituto e o club Laroca. Esta fase final disputarana oito equipos, e se xogará a un ritmo de 10 minutos con cinco segundos de incremento por movemento.

Anuncios