Nigrán fará do río Muíños un espazo fluvial de referencia cun investimento de 600.000 euros

O Concello de Nigrán arrancou hoxe o proceso de contratación das obras que levarán adiante o proxecto de acondicionamento integral do río Muíños, cun orzamento de 600.000 euros procedentes do aproveitamento urbanístico do parque empresarial de Porto do Molle. O equipo encargado de desenvolver este proxecto, liderado polo arquitecto Ángel Santorio e o enxeñeiro forestar Javier Santiago, presentou hoxe polo miúdo a súa nova proposta xunto ao alcalde de Nigrán, Juan González, e a tenente de alcalde, Raquel Giráldez. O obxectivo primorial deste proxecto do goberno socialista de Nigrán, totalmente diferente con respecto ao anterior, será devolver ao río o seu equilibrio natural, fortemente alterado pola presión urbanística do polígono empresarial e da autoestrada, o que provoca cambios bruscos na súa hidroloxía que, a súa vez, alteran a paisaxe con rapidez (como se pode constatar no ecosistema dunar de praia América). Como novidade con respecto ao presentado polo anterior goberno, se vincularán núcleos de ocio e deportivos públicos e totalmente respetuosos coa contorna. Ademáis, se lle engade outra actuación por valor de 201.243 euros (se executará simultaneamente) destinada á mellorar a calidade da auga reparando o sistema de colectores e alcantarillado, que desborda fecais en época de choiva. Con isto, en total investiranse 800.000 euros no río Muíños e a súa contorna (incluído o río Nespereira).

«Co mesmo orzamento cumplimos co convenio de Zona Franca para conectar o río ao polígono e lle engadimos ao proxecto as instalacións deportivas, antes non previstas. O noso goberno, a diferencia do anterior, aposta por unha solución que, ante todo, respeta e prioriza a sostibilidade do río e lle engade uns valores lúdicos; non buscamos ornamentarlo artificialmente, se non potenciar os seus recursos naturais ao máximo. Por outra banda, con esta actuación frenamos definitivamente o impacto negativo que o río está tendo no ecosistema dunar de praia América», sinala o alcalde, Juan González, quen destaca que «non se consignaron máis cartos para efectuar tódolos cambios nin suporá un desembolso maior».

As obras previstas comprende un ámbito de 300.000 metros cadrados nos máis de 2 km de curso medio en Porto do Molle que contempla dende á revexetación das súas ribeiras con técnicas de bioenxeñaría á creación de espazos de bosque natural (non sempre transitable) ou a instalación de bandas de protección nas marxes e creación de pendentes naturais. Todas estas accións está destinadas a frenar a enerxía do río en todo o tramo e, con elo, minimizar o impacto da erosión. Nesta liña, o equipo multidisciplinar liderado por Santorio e Santiago propoñen técnicas de drenaxe sostible baseadas no concepto de lagunaxe, é dicir, mediante a laminación de auga en brañas preexistentes ou creando lagoas artificiais ou humedais.

O río Muíños discurre ao longo de 9 km dende Chandebrito a Praia América, percorrido que se analizou polo miúdo ata obter un auténtico plan director que dictaminará as futuras actuacións noutros tramos.

Espazo de ocio e deportivo

Este novo proxecto sí contempla a creación de núcleos de ocio e deportivos totalmente integrados na paisaxe e nos que destaca á creación dunha pista de atletismo e outra de skate, “dúas disciplinas nas que existe unha gran demanda social de instalacións», explica González. No eido deportivo, a esta pista de 450 metros de lonxitude e 6 rúas (á que nun futuro se lle poderá engadir no interior un campo de fútbol) súmase un circuito de running circular de 4,5 km ou a mellora do sendeiro existente. Estas dotacións atópase na parcela urbanizable destinada a usos deportivos, e ao seu carán haberá unha zona de recreo infantil e familiar con elementos de recreo como columpios, tirolina, circuito de bicicletas…

«Serán instalacións municipais e, polo tanto, cen por cen públicas, non contemplamos de ningún xeito que as xestione unha empresa privada, como sí pretendía o anterior goberno», resume González.

PISTA DEPORTIVA

Anuncios