Anuncios
Ticker de novas

A 11ª edición do Mercado de Arte de Sabarís reunirá máis de 500 obras de 50 artistas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Mercado de Arte de Sabarís.

Desde hai anos vense organizando un Mercado de Arte na Praza de Abastos de Sabarís, por desgraza de maneira interrompida, pero desde a creación da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (COEMSA), tentan que sexa unha cita obrigada na comarca, Vigo e Baixo Miño.

Aglutínanse nun mesmo lugar artistas consagrados e afeccionados, e obradoiros con futuros artistas. Neste espazo pódense atopar pintura, escultura e tamén fotografa de artistas dos arredores.

O vindeiro domingo 25 de marzo o Mercado de Arte abrirá as portas da súa décimo primeira edición, desde as 10:00 ata as 21:00 horas de maneira ininterrompida, coa participación de 50 artistas, para vender e expoñer as súas obras, en total máis de 500, de todos os estilos e para todos os petos.

Ás 11:30 da mañá, Irene Silva realizará unha escultura cos nenos dentro da Xornada Artística Solidaria de Arte co Queimado, en beneficio dos montes de Baiona, na que os escultores Bucanero, Gabi Carreira, José Ucha, Pedro Sardiña, Remigio Davila, Rosendo González, Ruth Lodeiro, Víctor Lorenzo e Xoán Coruño traballarán en vivo creando formas in situ.

Durante o evento, organizado por COEMSA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís) coa colaboración de OVALMI, Castro e Ladeira, o Concello de Baiona e a Comunidade de Montes de Santa Cristina, tamén haberá unha homenaxe aos pintores de Sabarís Ana Legido, Armando Guerra, Fernando Quesada e Fino Lorenzo.

Anuncios