Usuarios do Centro Juan María participan nunha nova xornada de almorzos saudables

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Unha trintena de usuarios do Centro Juan María de Parada participaron este xoves nunha nova xornada de almorzos saudables ofrecida polo Obradoiro de Emprego «Terras do Miñor V», promovido pola Mancomunidade do Val Miñor e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e que estase a desenvolver desde o 1 de decembro de 2016 na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

O alumnado traballador do Obradoiro de Emprego preparou uns obradoiros de froitas, ao tempo que os participantes reciben unha charla sobre as vantaxes dunha alimentación saudable, impartida pola destacada nutricionista Gloria Pérez.

Finalmente gozaron do almorzo, composto por froitas, tortiñas, bolería e batidos, ademais de café ou cacao, todo elaborado polos alumnos traballadores de Operacións Básicas de Cociña e servido polos alumnos traballadores de Servizos de Restaurante.

Estas actividades teñen dous obxectivos, por un lado permitir aos participantes aprender a mellor forma de alimentarse e os produtos máis recomendables e saudables, á vez que apetecibles. Outro dos fins é dar a coñecer os avances e progresos dos alumnos do Obradoiro, no que un total de 20 persoas desempregadas do Val Miñor, 10 en Operacións Básicas de Cociña e 10 en Servizos de Restaurante, fórmanse para acceder ao mundo laboral nas mellores condicións, nunha comarca na que a hostalaría e a restauración teñen un peso fundamental.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.