O Pazo de Cea organiza unha festa benéfica en favor do estudo da biopsia líquida

FOTO: ONCOMET

O Pazo de Cea amosa o seu compromiso coa campaña de micromecenado para o estudo da biopsia líquida posta en marcha en xaneiro polo grupo de Oncoloxía Médica Traslacional de Santiago de Compostela e organiza para o vindeiro sábado 1 de abril ás 20:00 horas un evento cuxos beneficios serán doados integramente ao estudo de Oncomet.

“Organizamos unha festa benéfica para colaborar co estudo da biopsia líquida na que haberá música en directo con Cómplices e Miguel Costas, ademais de Dj´s e outras sorpresas” sinalan desde a organización. “Contaremos ademais cos habituais posts de comida para que gocemos dunha gran noite e por unha gran causa”.

Os interesados poden mercar aínda a súa entrada por só 10 euros en puntos de venda: PENJAMO SunBAr, Albatris Lounge-Bar, El Ensanche (Music Club Vigo) e por suposto, no propio Pazo de Cea.

Quedan 14 días para conseguir chegar aos 500.000 euros precisos para a compra do equipamento e a contratación do persoal necesario para continuar co estudo da biopsia líquida, unha técnica revolucionaria que conseguiría mellorar a calidade e a esperanza de vida dos doentes de cancro.

Aínda é posible colaborar con Oncomet. Os interesados poden facelo a través da plataforma web www.oncomet.es, de transferencia bancaria, enviando un SMS con la palabra CANCRO ao número 28014 para aportar 1,20 euros ou ao número 38014 para aportar 6 euros. Ou incluso a través do teléfono 981 955 344.

Conferencia da Dra. Teresa Curiel

O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá mañá, xoves, ás 20:00 horas, unha conferencia na que a Dra. Teresa Curiel explicará os pormenores e as vantaxes desta nova técnica que está a revolucionar o mundo da oncoloxía: a biopsia líquida.

Son xa máis de 330.000 euros os acadados ata o momento pero Oncomet precisa chegar aos 500.000 euros nos 15 días que quedan de campaña polo que se apela á colaboración das grandes empresas galegas xa que a resposta cidadá está a ser inmellorable.

O resultados do estudo da biopsia líquida permitirán abrir novas vías de tratamento e ampliar o número de pacentes adiantándonos no diagnóstico dos doentes de cancro e tratar a enfermidade en estadios máis temperáns, seleccionando así mellor os tratamentos.

Anuncios