O Obradoiro Terras do Miñor invita ao Centro Juan María a un almorzo saudable

A quinta edición do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor”, promovido pola Mancomunidade do Val Miñor e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia,estase a desenvolver desde o 1 de decembro de 2016 na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Dentro da programación de actividades están as xornadas de portas abertas nas que invitan ao Centro de Educación Especial Juan María, desenvolvendo a actividade específica baseada nos almorzos saudables, no que o alumnado traballador do Obradoiro de Emprego (10 de operacións básicas de cociña e 10 de servizos de restaurante), prepara uns obradoiros de froitas, ao tempo que as persoas participantes reciben unha charla dunha destacada nutricionista, para finalmente degustar un almorzo saudable preparado e servido polo alumnado traballador do Obradoiro.

Será este xoves 30 de marzo desde as 10:30 horas na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Anuncios