Gondomar inicia o axardinamento de tres rotondas cunha oliveira como elemento central

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Concello de Gondomar iniciou esta semana o axardinamento de tres rotondas do centro urbano, nas que unha oliveira será o elemento central.

Concretamente, trátase das situadas ao comezo e ao final da Avda. Don Diego Sarmiento de Acuña, a primeira xunto á estación de autobuses e a segunda na entrada do Centro de Desenvolvemento Local, e que dá acceso á estrada de Couso.

A terceira é a que se atopa na intersección das rúas Emigrante e San Benito, xunto os viarios que conducen a Chaín e Peitieiros.

Os traballos están financiados pola Deputación de Pontevedra, grazas a unha axuda por valor de 23.299,02 € aprobada pola institución provincial, unha actuación que se integra na liña 1 (investimentos) do Plan Concellos 2016.

IMG_2384

Anuncios