Sin categoría

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este martes en Baiona

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita este martes 28 de marzo Baiona. Estará situada na rúa Jesús Valverde, na entrada ao Parador, de 16:00 a 21:00 horas. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo no horario indicado. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.