Baiona proxecta “El bebé jefazo” no ciclo “Cine na Praza”

Continúa o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Este luns 23 de xullo proxectarase a película “El bebé jefazo”, ás 23:00 horas na Praza do Concello.

A chegada dun hermaniño trastorna por completo a idílica vida do pequeno Tim, ata entón fillo único de 7 anos e o olliño dereito dos seus pais. O seu novo irmán é un peculiar bebé, que viste traxe e gravata e leva maletín. Tim comeza a sospeitar del, ata que descobre que pode falar.

Anuncios