O nigranés Iván Roade gaña a IV Carreira Solidaria “Carbajosa de la Sagrada” en Salamanca

FOTO: DELEGACIÓN SALMANTINA DE ATLETISMO

O nigranés Iván Roade foi o primeiro atleta en cruzar a liña de meta na cuarta edición da Carreira Solidaria “Carbajosa de la Sagrada”, celebrada este sábado organizada polo Concello de Carbajosa, en colaboración coa Deputación de Salamanca.

Comezaba a xornada atlética ás 17:00 horas, coa celebración das carreiras para categorías menores, tanto masculinas como femininas e sobre diferentes distancias. Posteriormente, ás 18:00 horas, dábase a saída aos corredores da proba absoluta, que debían completar un percorrido polo centro urbano e camiños do termo municipal dun total de 7.500m.

Iván Roade, corredor do Bikila, foi o vencedor da xeral cun tempo de 23:56, seguido polo local do Correcaminos Carbajosa, Daniel Ayuso (25:08) e polo atleta do Viño de Toro, Fran Blázquez (25:09).

Chegados todos os participantes a meta e, unha vez elaboradas as clasificacións, procedeuse á entrega de premios aos tres primeiros clasificados das categorías inferiores e das diferentes categorías da proba de adultos (Veterano A, B e C), así como aos tres vencedores absolutos. Ademais, premiouse ao club con maior número de participantes na carreira e ao primeiro corredor e corredora locais.

As diferentes probas contaron cunha inscrición de 473 corredores, 249 participantes nas carreiras de promoción e 224 na carreira adulta.

Esta carreira, que ano tras ano segue unindo deporte e solidariedade, destinará nesta ocasión a cantidade recadada á Asociación de Pais, Familiares e Amigos de Nenos Oncolóxicos de Salamanca (PYFANO).

Anuncios