Mila López consegue a vitoria na primeira proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado

A baionesa Mila López continúa cultivando éxitos. Na mañá deste domingo proclamouse campioa da modalidade handbike na categoría WH4 na primeira proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado en Ruta, celebrada en Tomelloso baixo a organización de Fucicam, a Federación de Ciclismo de Castela-A Mancha e o Concello de Tomelloso.

A primeira proba estivo reservada para tandems e bicicletas, e na segunda, con handbikes e triciclos en liza, Mila completaba o percorrido en 1:28:59, conseguindo o 13º posto da clasificación e o 1º da súa categoría, con case catro puntos de diferenza sobre Ione Basterra, en segunda posición, e a seis de María Vitoria Cañada, que completou o podio como terceira clasificada.

Anuncios