Anuncios
Ticker de novas

Deporte e solidariedade únense en Gondomar pola Asociación Española de Anemia de Fanconi

Gondomar acolleu este domingo a terceira edición da Milla Solidaria Anemia de Fanconi, na que participaron más de 500 atletas de todas as idades. Os corredores tiveron que completar unha distancia que oscilaba entre os 100 e os 1.609 metros -unha milla-, nun circuíto situado nas inmediacións do Campo de Fútbol das Cercas.

A xornada comezou coas carreiras xuvenil-júnior, cadete, infantil, alevín e benxamín. Logo celebrouse a Milla Federada e a Milla Popular, coa participación das promesas, séniors e veteranos en ambas as dúas probas. Por segundo ano, fíxose unha carreira adaptada en cadeiras de rodas de 400 metros de distancia á que se denomina “Milla pola Integración”, coas modalidades cadeiras eléctricas, cadeiras de rúa e de atletismo. Os prebenxamíns e os pifutos puxeron o broche de ouro á mañá deportiva.

No evento participaron ademais usuarios do Centro Juan María e as asociacións DisCamino, APAMP, San Rafael, Alento, Vontade e Amfiv.

A Milla Anemia de Fanconi xorde dunha iniciativa solidaria, xa que toda a recadación irá destinada á Asociación Española de Anemia de Fanconi, entidade organizadora xunto cos Concellos do Val Miñor, e sobre todo, para dar a coñecer esta patoloxía, considerada dentro do grupo de enfermidades raras.

A Asociación escolleu como emprazamento para a celebración desta carreira o entorno do Val Miñor porque en toda Galicia existen catro casos diagnosticados de Anemia de Fanconi, e todos eles están relacionados con familias da comarca.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios