Nigrán tramita as solicitudes para participar no programa “Benestar en Balnearios”

O Concello de Nigrán, a través do departamento de Servizos Sociais, tramita ata o 11 de abril as solicitudes de participación no programa “Benestar en Balnearios” da Consellería de Política Social. Poderán ser beneficiarios deste programa as persoas maiores de 60 anos ou pensionistas con 55 anos cumpridos. Os balnearios seleccionados son: Acuña, Arnoia, Augas Santas, Baños de Brea, Baños de Molgas, Caldelas de Tui, Carballiño (Gran Balneario), Carballo, Cuntis, Lobios, Laias, Río Pambre, Guitiriz e Termas Romanas.

Nesta modalidade termal, o transporte corre por conta dos usuarios. As solicitudes poderán presentarse no Departamento de Servizos Sociais ata o 11 de abril previa cita no teléfono 986 365 000.

Anuncios