Anuncios
Ticker de novas

Nove comparsas despiden o Entroido cun desfile-concurso en Vincios

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A parroquia de Vincios despediu este sábado o Entroido cun desfile-concurso de comparsas, no que participaron un total de nove agrupacións chegadas de Redondela, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Tomiño, Vigo, Salceda de Caselas e Gondomar.

Así, foron desfilando unha a unha ata o Torreiro de Festas de Vincios, onde ofreceron a súa actuación ao público e ao xurado, para ao finalizar elixir as tres mellores. “Origins”, de Comparsa A Vila de Ponteareas levou o primeiro premio, dotado con 400 euros, “Talismán revoluciona os bechos”, da Asociación Cultural Talismán de San Esteban de Budiño (Salceda de Caselas), conseguiu o segundo premio, de 300 euros, e “Fábrica de dulces campechanos”, da Comparsa Os Campechanos de San Mateo, tamén de Ponteareas, o terceiro, de 200 euros.

Tamén participaron “As bailarinas de Mozart” da Comparsa de Vincios “O millor de cada casa”, “Ga-le-gos” da Asociación Cultural Andareiros de Gondomar, “Un gran festín” da Asociación Comparsa Terra de Condes de Redondela, “Leirado nos anos 20” de Comparsa Os Chicleros de Salvaterra de Miño, “Venecia” de Luces de Tomiño, e “That’s America” da Comparsa Pedregal do Centro Cultural de Valladares.

O evento, que finalizou coa actuación dun DJ, estivo organizado pola Comparsa de Vincios “O millor de cada casa” e a Comisión de Festas Santa Mariña de Vincios.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios