Xornadas de cestería sobre forrado de botellas con vimbio en Chandebrito

Dende o día 3 ata o 24 de abril, todos os luns en horario de 18.00 a 20.30 horas, desenvolveranse na escola infantil de Chandebrito unhas xornadas de cestería consistentes no forrado de botellas e garrafóns con vimbio, de xeito artesán, guiadas por Rubén Berto, e organizadas pola Asociación Chandebrito 1807.

Os interesados deben enviar un correo electrónico ao enderezo chandebrito1807@gmail.com antes do 31 de marzo, indicando nome e apelidos, lugar de residencia, enderezo de correo electrónico e número de teléfono de contacto.