Anuncios
Ticker de novas

Marzo é o mes da muller no IES Val Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // IES Val Miñor.

O IES Val Miñor de Nigrán dedica todo o mes de marzo á muller organizando actividades no centro para tratar a cuestión de xénero, co obxectivo de que o día da muller sexa todos os días.

Pretenden cunha intervención interdisciplinar e transversal dar a coñecer e visibilizar mulleres que son grandes referentes, que axudan a romper estereotipos, mulleres que foron especialmente esquecidas, mulleres valentes, mulleres bravas, porque a cuestión de xénero é unha cuestión de aula e unha cuestión de centro.

Contarán coa presenza da escritora e crítica teatral Inma López Silva e a lanzadora de xavelina e actual Secretaria Xeral para o Deporte Marta Míguez Telle, ademais de facer múltiples actividades ao longo do mes, perseguindo os obxectivos de visibilización, da valoración en positivo, do recoñecemento á súa valía, e romper estereotipos.

As actividades previstas consisten nunha árbore de mulleres bravas, un noticiario, un encontro de Inma López co alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, este xoves día 16 de marzo ás 11:15, unha mesa redonda de alumnas deportivas do IES Val Miñor amadriñadas por Marta Míguez, que terá lugar o venres 17 ás 10:25, e unha exposición no Salón de Actos co título “Mulleres loitadoras no Val Miñor”.

Anuncios