Anuncios
Ticker de novas

Rotundo éxito do CPA Gondomar no Trofeo Deputación de Pontevedra

FOTO: CPA GONDOMAR

A Patinaxe Artística tivo este sábado a súa primeira cita importante da tempada para a modalidade de patinaxe libre, o xa tradicional Trofeo Deputación de Pontevedra, no que o CPA Gondomar estivo representado por 6 patinadores.

Lola Álvarez, Sara Ferreira, Joel Ribeiro, Xose Alonso Cruz, Andrea López e María Balboa lograron un rotundo éxito ao subirse todos eles ao máis alto do podio. Un pleno que vén afianzar o excelente arranque de tempada desta entidade en todas as modalidades.

De man do seu adestrador David Figueroa seguirán traballando na mesma liña para ser o club referente da provincia desde a base ata os patinadores con máis experiencia para lograr a súa participación en todos os campionatos tanto a nivel autonómico, nacional e internacional.

O xa tradicional Trofeo Deputación de Pontevedra celebrouse un ano máis no Pavillón Municipal de Covelo coa organización do club local, Covelo PA, contando coa participación de 55 deportistas das categorías Benxamín a Sénior.

Anuncios