Anuncios
Ticker de novas

O guitarrista Lorenzo Boo e a Coral Santa Eulalia de Mos actúan no Centro Cultural de Priegue

FOTO: CRC O TORREIRO DE PRIEGUE

O vindeiro sábado 11 de marzo a Coral Santa Eulalia de Mos ofrecerá un concerto no Auditorio do Centro Cultural e Recreativo “O Torreiro” de Priegue. Será a partir das 20:00 horas con entrada gratuíta.

Previamente, o guitarrista Lorenzo Boo ofrecerá un pequeno aperitivo do que serán as clases que impartirá no Centro Cultural e que comezarán o día 20 de marzo. É profesor de harmonía moderna, guitarra e baixo no Laboratorio de Creatividade Musical de Vigo. Estudou no Conservatorio Superior de Jazz da Coruña e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, e actúa normalmente con Diana Tarín, Eva Carreiras, Nuria Cora ou Santiago Ferragut. Tamén toca nos grupos Sabina e Cía e Xardín Desordenado. Todos os interesados en anotarse ás clases poderán facelo no propio Centro Cultural.

Anuncios