O Club Laroca disputa este sábado a sexta xornada da liga galega de xadrez

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Este sábado celébrase a sexta xornada da liga galega de xadrez, na que o Club Laroca de Nigrán participa con cinco equipos.

Na Primeira División Grupo C, o equipo do Laroca A desprázase a Vigo para enfrontarse ao equipo do Bouzas. O equipo laroqueiro terá nesta xornada unha gran oportunidade de asaltar a cabeza da clasificación da que tan só o separa punto e medio.

Na Segunda División Grupo E, o equipo do Laroca B disputará esta xornada nos locais de Nigrán ante o sempre complicado equipo guardés do xadrez Albatros A, equipo que ocupa a terceira praza, a tres puntos dos laroqueiros, que ocupan a sexta posición.

O equipo do Laroca C, que actualmente está situado na quinta posición, a tan só dous puntos e medio do líder, desprazarase a Mos, onde intentarán puntuar e achegarse aos postos de cabeza para enfrontarse ao equipo do Mos B.

En Terceira División Grupo I, o equipo do IES Auga da laxe Laroca, actual líder, nesta xornada descansará.

O equipo de Mallón Laroca, que ocupa a cuarta praza a tres puntos e medio do líder, xogará en Nigrán ante o equipo mosense do Mos E. O equipo Laroqueiro intentará aproveitar esta xornada para achegarse ás dúas primeiras prazas de ascenso ante un equipo mosense moi novo e que con tan só catro puntos ocupa a sétima praza.

Anuncios