Anuncios
Ticker de novas

Empresarios das Villas Marineras reúnense por primeira vez en Baiona

FOTO: ACEBA

Este martes tivo lugar un encontro entre Asociacións de Empresarios e Hostaleiros das Villas Marineras co fin de dinamizar as mesmas. Asistiron á cita representantes das vilas de Laredo, Ribadesella, Llanes, San Vicente de la Barquera e Baiona.

Este foi o primeiro encontro de representantes dos sectores desde a creación da asociación hai máis de 15 anos. Durante a reunión, que tivo lugar no viveiro de empresas de Baiona, situado na Casa do Reloxo, realizáronse distintas propostas para a dinamización do turismo.

Ademais, déronse directrices conxuntas para establecer as canles de difusión da marca “Villas Marineras”, que é un proxecto común, deseñado para a difusión destes lugares cheos de tradición e cultura, sempre ligados ao mar.

O motivo principal deste apoio non é outro que o sentir común de distintos municipios do norte do noso país con características comúns como a gastronomía, o clima, a paisaxe, a súa vinculación ao mar, e á súa vez características propias que fan que a oferta sexa diversa para a dinamización e a desestacionalización do turismo.

Como resultado final da reunión, segundo sinalan desde ACEBA, “un estupendo intercambio de valores, impresións e outros conceptos que nos deixa a todos nesta nova etapa mirando cara ao futuro”.

Anuncios