Sin categoría

Vincios despide o Entroido cun concurso de comparsas

A Comparsa de Vincios “O millor de cada casa” e a Comisión de Festas Santa Mariña de Vincios organizan o sábado 18 de marzo unha Festa de Entroido con concurso de comparsas. Será no Torreiro de Festas de Vincios a partir das 17:00 horas con 900 euros en premios. Poderán participar comparsas con ou sen carroza cun mínimo de 10 compoñentes. Máis información no Facebook da Comparsa ou no da Comisión de Festas.