Anuncios
Ticker de novas

A Policía Autonómica controla o consumo de alcohol, tabaco e drogas en menores en Baiona

O Grupo de Menores da Policía Autonómica levou a cabo durante a pasada semana un total de 203 inspeccións de control de menores en 16 concellos galegos.

Por parte dos distintos grupos de menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, leváronse a cabo 28 dispositivos de control de menores en risco de desamparo, consumo de alcohol, tabaco e drogas en menores de idade, nos concellos da Coruña, Ames, Baiona, Culleredo, Fene, Lugo, Marín, Miño, Ordes, Ourense, Pontevedra, Santa Comba, Santiago, Teo, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron levantadas 14 actas de infraccións: 13 actas por consumo de alcohol e 1 por venda, conforme á Lei 11/2010. Foron identificadas 73 persoas e inspeccionadas 203 zonas de ocio, locais e centros comerciais.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Anuncios