Anuncios
Ticker de novas

Tres vitorias e dúas derrotas para o Club Laroca na 5ª xornada da liga galega de xadrez

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

O pasado sábado disputouse a 5ª xornada da liga galega de xadrez, na que o Club Laroca de Nigrán participa con cinco equipos.

Na primeira división, o Laroca A enfrontouse ao EXP UVIGO nos seus locais de Nigrán e conseguiu a súa 3ª vitoria por 4-0. Con esta vitoria ascende ata a terceira posición do grupo C, con 13.5 puntos, a tan só 1 punto do líder, o Club de Xadrez Universitario de Ourense A.

Na segunda división, os dous representantes do Laroca conseguiron senllas vitorias. O Laroca B vencía en Pontevedra ao equipo da EXP Zona Informática por un 0-4, mentres o Laroca C enfrontábase en Nigrán ao equipo de Xadrez Altamira, que venceu por 3.5-0.5 por unha incomparecencia no equipo visitante. Con estas vitorias os equipos laroqueiros se afianzan na metade da táboa.

En terceira división non foi posible ningunha vitoria dos equipos laroqueiros. O equipo do IES Auga da Laxe Laroca, no seu desprazamento aos locais da ONCE, non foi capaz de dobregar a un dos equipos complicados do grupo, acadando a súa primeira derrota da tempada. Logrou un resultado de 3.5-0.5, táboas conseguidas por Laura, a pesar do cal continúan mantendo o primeiro posto na clasificación xeral. O equipo do Mallón Laroca desprazouse a Mos para enfrontarse ao Mos C que tampouco conseguiu dobregar, acadando un resultado de 2.5-1.5. Unhas táboas de David e unha vitoria de Juan proporcionáronlle este punto e medio ante un rival que ata hoxe ocupaba o terceiro posto na clasificación xeral, a pesares da derrota o consigue manter a cuarta posición.

Anuncios