Anuncios
Ticker de novas

O Concello de Baiona imparte a derradeira charla do ciclo de apoio educativo

O Concello de Baiona impartirá este martes, 7 de marzo, a derradeira charla do Ciclo de Obradoiros Prácticos cunha sesión sobre o Autismo destinada principalmente a familias e a profesionais do eido da educación.

O ciclo consta de tres charlas e a primeira delas celebrouse o pasado 7 de febreiro cun obradoiro sobre “Dificultades de aprendizaxe da lectura e a escritura: Dislexia e Discalculia”. A segunda foi o 21 de febreiro e versou sobre “Trastorno de Atención e Hiperactividade. Que é? Como se trata?”. E por último, este 7 de marzo, se pechan as charlas co tema “Trastorno do Espectro Autista (TEA)”.

Esta actividade se levará a cabo no Auditorio da Casa da Navegación de Baiona ás 19:00 horas, sendo a asistencia totalmente gratuíta e ao tratarse de prazas limitadas é necesario realizar inscrición previa no teléfono 986 385 925.

“Pretendemos achegar información profesional, técnicas e pautas de actuación ás familias que teñen algún membro con algunha necesidade deste tipo, ao mesmo tempo que se visibilizan as necesidades de apoio educativo que existen actualmente en Baiona, pretendendo ser ademais un punto de encontro entre familias e profesionais”, apunta a concelleira de Educación, Beatriz González.

Anuncios