Baiona e Pornic preparan os actos conmemorativos do 20 aniversario do irmandamento

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

Xa rematada a XXII Festa da Arribada, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, recibiu este luns á delegación chegada dende o municipio irmandado de Pornic. Os representantes franceses agasallaron ao Concello cun cadro da súa localidade e acordaron celebrar entre o 12 e o 14 de maio en Pornic os actos conmemorativos do 20 aniversario do irmandamento. Da mesma forma, Baiona tamén celebrará a data entre o 2 e o 4 de xuño.

REUNIÓN PORNIC E BAIONA PARA ORGANIZAR OS ACTOS POLO 20 ANIVERSARIO DO IRMANDAMENTO
FOTO: CONCELLO DE BAIONA