
O Cereixa Gondomar FS conseguiu este sábado un novo triunfo para deitarse líder á espera do partido que pecha a xornada mañá entre o Arealonga FS e o Lume.
Era vital non fallar ante a seguidilla de partidos que veñen e os de Vincios non deron opción ao local cun contundente resultado.
Gabriel Denis Vasconcellos abría a lata e pouco despois Esteban Fernández Figueiras cun bonito gol de vaselina poñía un parcial de 0-2. O local descontou antes de chegar ao descanso (1-2) e a sensación era que o visitante estaba a xogar co freo de man posto. E así foi; despois da charla no vestiario o equipo se enchufou e non deu opción ao Celado FS. Nelson Oliveira Moreira atopou a Luca para o 1-3 e de aí ao final do partido Gabriel Denis Vasconcellos completou unha estupenda actuación con tres tantos máis (1-6).
Final e alegría no vestiario visitante que segue na pelexa polo título cunha xornada menos por disputar.